xoves, 29 de outubro de 2015

Vampiros en Samaín

Para Samaín, os alumnos e alumnas de 4º reutilizaron os cartóns dos rolos de papel para facer estes tenebrosos vampiros.








domingo, 11 de outubro de 2015

Desenvolvemento Sostible - Solidaridade

Non podemos separar a responsabilidade de coidar o Medio Ambiente co concepto de desenvolvemento sostible.                   

A definición de desenvolvemento sostible según o informe Brundtand de 1987 e recollida na Declaración de Río de 1992 é:
Satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das xeracións do futuro para atender ás suas propias necesidades.

Este desenvolvemento inclúe axudar a reducir a pobreza, a desigualdade e a exclusión e mellorar o desenvolvemento de comunidades mediante a solidaridade, na procura dun mundo máis xusto e próspero para todos.

Este ano o colexio vai participar nun Proxecto Solidario con Bolivia, a través da ONG creada polo Dr. Garrido Valenzuela. As actividades programadas son as seguintes:
- Charla informativa do Dr. Garrido Valenzuela ao alumnado.
- Pinchos solidarios.
- Enmarcaremos as actividades do Día da Paz (mensaxes de solidaridade co pobo de Bolivia) así como o Entroido (Países do Mundo) dentro deste Proxecto.
- Exposición de diferentes aspectos da cultura, sociedade, xeografía,... de Bolivia.







xoves, 1 de outubro de 2015

Hoxe abrimos portas á Natureza.

No CEIP Padre Feijoo, este ano 2015-16 vamos abrir as portas do noso cole á NATUREZA, a través dunha proposta do equipo docente quen vai realizar un PFPP relacionado coa Conservación do Medio Ambiente na Escola.
Esperamos a vosa colaboración para que entre tod@s podamos mellorar o entorno no que vivimos.



"Só existen dous días no ano nos que non podes facer nada: 
un é ONTE e outro MAÑÁ. Polo tanto HOXE é o día ideal " (Dalai Lama)