Amosando publicacións coa etiqueta Compost. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Compost. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de setembro de 2017

VÍDEOS COMPOST

Nos seguintes vídeos podemos coñecer o que é o compost e como facer un composteiro.







luns, 20 de marzo de 2017

Curso de Formación.

Seguindo coa formación do ano pasado, recibiremos uns cursos adicados ao horto escolar.
Trala ponencia de María Lafuente, comprobamos o estado no que se encontra o compost que estamos realizando no patio.















domingo, 5 de febreiro de 2017

Patrullas compostaxe.

Todas as semanas pasan polo composteiro unha clase, que se encarga de recoller os residuos orgánicos que teñen preparados na cociña, botalos no composteiro e tapalos co estructurante. Este ano non o remexeremos e será un traballador do Concello quen faga esta labor.
Ao final da semana, queda constancia do estado que se atopa o compost, cubrindo unha enquisa que fixemos para ese fin.



Os alumnos e alumnas de 1º aprenden a reciclar residuos orgánicos xunto a súa titora.

martes, 3 de maio de 2016

Obradoiro Reciclaxe-Composteiro

Hoxe visitáronnos uns monitores da Asociación Ecoloxista Adega, prepararon diferentes xogos de reciclaxe co alumnado de 1º a 5º.












martes, 26 de abril de 2016

OS MAIOS - COPLAS



Este ano estamos concienciados co tema do coidado do Medio Ambiente. Por iso reflexamos estos temas nas coplas dos Maios. Aquí vos deixamos as estrofas onde falan destes temas.



1º Primaria:

No noso cole
estamos a reciclar,
para na casa 
aos papás ensinar.

O xogo da Serpe,
fixemos este ano,
e para coidalo medio
viñemos camiñando.

2º Primaria:
No "Xogo da Serpe"
estamos participando,
por iso ao noso cole
hai que vir camiñando.

Co pincho solidario
queremos axudar,
á xente de Bolivia
fame non pasar.



3ºA Primaria:

No noso colexio
somos solidarios
cos nenos de Bolivia
e máis cos refuxiados.

No noso Concello
puxeron composteiros.
A ver se cooperamos 
e enchémolos enteiros.

O noso pobo
é espectacular
porque ten uns xardíns
e ímolos coidar.

3ºB Primaria:
Ir ao cole andando
estache moi ben
para o seguinte ano
queremos ir en tren.

Os nenos do colexio 
vimos camiñando
para así o planeta
seguir coidando.

No noso colexio
temos un composteiro
e cos restos de hoxe
encherémolo enteiro.

Os nenos deste cole
somos moi solidarios
trouxemos moitas cousas
para os refuxiados.

Na nosa vila
moitos van en coche
e se saes á rúa
ten coidado cos coches.







4º Primaria:
Na porta do noso cole, 
non queremos tantos coches,
se todos vimos andando
tamén facemos deporte.

O Xogo da serpe
fixemos moi contentos,
esperamos repetilo
dentro dalgún tempo.

No CEIP de Allariz
coidamos o medio ambiente
seleccionamos o lixo
axeitadamente.

Fartos dun mundo
tan contaminado,
usaremos composteiros
para melloralo.

No noso concello
somos moi ecoloxistas
compost e reciclaxe
saltan á vista.



5º B

Non sei que está pasando
aquí cos refuxiados,
cómprenos investigar 
porque os deixan abandoados.

O noso colexio quere
axudar aos refuxiados
mais o goberno pretende
que continúen apartados.

Este ano colaboramos 
con distintos refuxiados
o alumnado de Allariz
axuda aos necesitados.

No Entroido deste curso
amosamos variedade
e co pobo Boliviano
vimos solidariedade.

Os mestres aínda se cren
que todo é teoría
algúns tamén aprendemos
auditando a ecoloxía

Nesta clase reciclamos
pra as árbores axudar
se nós non facemos nada 
do mundo nada vai quedar.

Chegarás a ser un fraude
se non sabes reciclar
os plásticos e os cartóns
cada un no seu fogar.

Este ano no patio
fixemos un composteiro
alí botamos os restos
que nos da o cociñeiro.

Trá fico mandou unha serpe
ten ideas peregrinas
quere que sexas sotible
a base de pegatinas.



6º Primaria

Agora o Concello
puxo composteiros;
hai que facelo ben
para que non haxa cheiros.


luns, 11 de abril de 2016

Zona compostaxe comunitario

Para finalizar o curso de formación do grupo de traballo docente, realizamos unha visita á zona de compostaxe comunitario.
Recibimos explicacións do funcionamento por parte dun técnico do concello así como do alcalde e puidemos observar como en pocos meses que leva funcionando xa se obtivo compost.













xoves, 10 de marzo de 2016

Comezamos a compostaxe

A área de compostaxe está constituída por dous composteiros:
- un de almacenaxe de restos vexetais (estruturante) onde depositaremos follas e restos de poda triturado que nos facilita o personal do concello
- outro onde iremos baleirando os restos orgánicos procedentes do almorzo de media mañá (carozo de mazás, mondas de plátano, restos de bocadillos,..) e restos que nos facilitarán da cociña.
Organizaremos unhas patrullas de compostaxe, de grupos de cinco rapaces e rapazas. Cada semana se encargará unha aula de xestionar a área de compostaxe.
O final da semana cubrirán unha ficha de incidencias onde se sinale as condicións na que se encontra o compost (humidade, cheiros, mosquiña,...)


Enlaces de interese
Composta en Red

Biorresiduos- Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente


domingo, 17 de xaneiro de 2016

Instalaron composteiros.

Hoxe viñeron operarios do Concello a colocarnos os composteiros. E xa quedan formando parte do mobiliario do colexio. En breve traerán estructurante (restos vexetais de podas e follas) para empezar a elaborar compost.