Amosando publicacións coa etiqueta Desenvolvemento Sostible. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Desenvolvemento Sostible. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de abril de 2016

Proxecto Bolivia

Dentro do proxecto: Bolivia

Nas clases de 4º, fixemos un traballo con exposición dos animais que viven en Bolivia.









luns, 4 de abril de 2016

Solidaridade cos refuxiados.

Dentro das actividades relacionadas co Desenvolvemento Sostible, apoiamos desde o colexio unha recollida de productos hixiénicos que se levou a cabo en Allariz, coordinado pola Asociación Alhambra para entregar nos campos de refuxiados.









martes, 15 de marzo de 2016

Pincho Solidario

No proxecto de Bolivia organizamos unha recollida de fondos mediante o pincho solidario, esto levouse a cabo en varias semanas durante o ano.





domingo, 11 de outubro de 2015

Desenvolvemento Sostible - Solidaridade

Non podemos separar a responsabilidade de coidar o Medio Ambiente co concepto de desenvolvemento sostible.                   

A definición de desenvolvemento sostible según o informe Brundtand de 1987 e recollida na Declaración de Río de 1992 é:
Satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das xeracións do futuro para atender ás suas propias necesidades.

Este desenvolvemento inclúe axudar a reducir a pobreza, a desigualdade e a exclusión e mellorar o desenvolvemento de comunidades mediante a solidaridade, na procura dun mundo máis xusto e próspero para todos.

Este ano o colexio vai participar nun Proxecto Solidario con Bolivia, a través da ONG creada polo Dr. Garrido Valenzuela. As actividades programadas son as seguintes:
- Charla informativa do Dr. Garrido Valenzuela ao alumnado.
- Pinchos solidarios.
- Enmarcaremos as actividades do Día da Paz (mensaxes de solidaridade co pobo de Bolivia) así como o Entroido (Países do Mundo) dentro deste Proxecto.
- Exposición de diferentes aspectos da cultura, sociedade, xeografía,... de Bolivia.