martes, 13 de decembro de 2016

Coroas de Nadal.

Os adornos do Nadal nestas datas son mellores se utilizamos material reutilizado, aquí vos deixamos unha mostra das coroas que decoran o noso colexio.
Animádesvos a copialas para as portas das vosas casas!!!




Na porta da Biblioteca, feita dunha revista xa lida.



Unha clase de 4º buscaron nas casas las, e este é o resultado.



Na clase de Relixión de Primaria
 unhas mazorcas de millo, unha peneira e
 temos este orixinal e fermoso Nacemento



O alumnado de 3º recolleu tapóns e feitas as coroas.





Nas aulas de PT dedicáronse a recoller os papeis das magadalenas,
e os lapis de colorear que tiñan soltos.





En Infantil trouxeron rollas e filtros de cafeteiras,
pintáronos e aquí o resultado.




Unhas mans de infantil e outras de 3º
 sobre papeis usados e xornais.





O cartón dos rolos de papel serviron para facer
os renos de 1º e os caramelos de Relixión de Infantil.




mércores, 9 de novembro de 2016

Enerxías renovables

Fenosa ofreceunos unha visita moi interesante á exposición itinerante e interactiva Energytruck. Os alumnos e alumnas de 4º e 5º puideron descubrir tras unha breve charla  como a partir de fontes naturais inagotables obtense  enerxía renovable. 
Separáronse en grupos para experimentar coa enerxía eólica, a hidroeléctrica e a solar.
Utilizando o método científico os alumnos formularon hipóteses sobre o que ía acontecer. Posteriormente mediante uns experimentos sinxelos puideron comprobar se efectivamente a súa formulación era a correcta. 
Finalizaban cunha exposición oral sobre o experimento que fixeran, para darllo a coñecer aos seus compañeiros e compañeiras.

Enerxía eólica.
Enerxía hidroeléctrica.


Enerxía Solar.


Cámara térmica.



luns, 30 de maio de 2016

Festival Internacional de Xardíns

No presente ano a temática para os Xardíns foi: Os Xardíns do Futuro.

Estos son algúns dos nos proxectos.





E así luciron:







venres, 20 de maio de 2016

Día das abellas.

A asociación galega de apicultura, convidounos a coñecer o mundo das abellas. Todos os grupos de primaria e infantil realizaron un obradoiro onde observaron paneis, a abella raiña, degustaron diferentes tipos de mel e fixeron candeas de cera.





luns, 9 de maio de 2016

Reciclamos en Lingua

Aproveitamos a reciclaxe na asignatura de lingua.
Alumnos e alumnas de 4º fixeron de reporteiros e escribíron unha noticia sobre o obradoiro de reciclaxe.



Reciclando e Xogando

Os nenos e nenas do CEIP Padre Feijoo aprenden a reciclar mentres xogan.

Lía-4º

O día 3 de maio ás 12:25 h. o CEIP Padre Feijoo recibiu unha visita de Adega, unha asociación ecoloxista. En primeiro lugar explicáronlles aos alumnos como se reciclaba, despois fixeron un xogo para aprender a tirar o lixo. Os nenos divertíronse moito, seguro que lles encantou.

- o - o - o - o - o - o - o - o - o -


Un patio de reciclaxe

No patio do CEIP Padre Feijoo houbo uns xogos de reciclaxe.

Jacobo-4º

Hoxe martes 3 de marzo, os alumnos do CEIP Pare Feijoo de Allariz están facendo uns xogos de reciclaxe para aprender a reciclar na casa, para xogar organizáronse en dous equpos de 11 alumnos o xogo estivo moi emocionante e quedaron empates 8 a 8- Tiveron uns monitores de ADEGA (asociación ecolóxista). Todos os alumnos divertíronse moito.

- o - o - o - o - o - o - o - o - o -


Reciclar é un xogo

O colexio CEIP Padre Feijoo tiveron a visita dunha asociación ecoloxista, Adega.

Carla- 4º

Isto ocorreu o día 3 de maio ás 12:25. Os nenos baixaron ao patio por cursos. Cada curso tiña unha hora para xogar e reciclar. Isto mostrou a todos os nenos e nenas o divertido que é reciclar entre todos.
O director comentou que grazas a esta asociación e  o noso composteiro estos nenos farán un mundo mellor.
Unha profesora de 4º afírmanos que esto daralle vida aos nenos porque aprenderán a coidar o medio ambiente. 
E tí? Tamén queres cambiar a mellor o mundo?


domingo, 8 de maio de 2016

Festa dos Maios 2016

Os Maios é unha celebración popular que se celebra dende hai moitos anos para conmemorar a chegada da primavera e o remate do cru inverno, e propiciar deste xeito a obtención de boas colleitas. Forma parte do chamado “Ciclo do Maio”, época de exaltación da natureza, da floración das plantas e da aparición dos primeiros froitos.
No noso concello hai unha exhibición-concurso dos Maios (estruturas de madeira cubertas con elementos naturais (musgo, flores silvestres, hedras,...) e cantamos as coplas que previamente elaboramos relacionadas con acontementos que aconteceron no inverno.




martes, 3 de maio de 2016

Obradoiro Reciclaxe-Composteiro

Hoxe visitáronnos uns monitores da Asociación Ecoloxista Adega, prepararon diferentes xogos de reciclaxe co alumnado de 1º a 5º.












martes, 26 de abril de 2016

OS MAIOS - COPLAS



Este ano estamos concienciados co tema do coidado do Medio Ambiente. Por iso reflexamos estos temas nas coplas dos Maios. Aquí vos deixamos as estrofas onde falan destes temas.



1º Primaria:

No noso cole
estamos a reciclar,
para na casa 
aos papás ensinar.

O xogo da Serpe,
fixemos este ano,
e para coidalo medio
viñemos camiñando.

2º Primaria:
No "Xogo da Serpe"
estamos participando,
por iso ao noso cole
hai que vir camiñando.

Co pincho solidario
queremos axudar,
á xente de Bolivia
fame non pasar.



3ºA Primaria:

No noso colexio
somos solidarios
cos nenos de Bolivia
e máis cos refuxiados.

No noso Concello
puxeron composteiros.
A ver se cooperamos 
e enchémolos enteiros.

O noso pobo
é espectacular
porque ten uns xardíns
e ímolos coidar.

3ºB Primaria:
Ir ao cole andando
estache moi ben
para o seguinte ano
queremos ir en tren.

Os nenos do colexio 
vimos camiñando
para así o planeta
seguir coidando.

No noso colexio
temos un composteiro
e cos restos de hoxe
encherémolo enteiro.

Os nenos deste cole
somos moi solidarios
trouxemos moitas cousas
para os refuxiados.

Na nosa vila
moitos van en coche
e se saes á rúa
ten coidado cos coches.







4º Primaria:
Na porta do noso cole, 
non queremos tantos coches,
se todos vimos andando
tamén facemos deporte.

O Xogo da serpe
fixemos moi contentos,
esperamos repetilo
dentro dalgún tempo.

No CEIP de Allariz
coidamos o medio ambiente
seleccionamos o lixo
axeitadamente.

Fartos dun mundo
tan contaminado,
usaremos composteiros
para melloralo.

No noso concello
somos moi ecoloxistas
compost e reciclaxe
saltan á vista.



5º B

Non sei que está pasando
aquí cos refuxiados,
cómprenos investigar 
porque os deixan abandoados.

O noso colexio quere
axudar aos refuxiados
mais o goberno pretende
que continúen apartados.

Este ano colaboramos 
con distintos refuxiados
o alumnado de Allariz
axuda aos necesitados.

No Entroido deste curso
amosamos variedade
e co pobo Boliviano
vimos solidariedade.

Os mestres aínda se cren
que todo é teoría
algúns tamén aprendemos
auditando a ecoloxía

Nesta clase reciclamos
pra as árbores axudar
se nós non facemos nada 
do mundo nada vai quedar.

Chegarás a ser un fraude
se non sabes reciclar
os plásticos e os cartóns
cada un no seu fogar.

Este ano no patio
fixemos un composteiro
alí botamos os restos
que nos da o cociñeiro.

Trá fico mandou unha serpe
ten ideas peregrinas
quere que sexas sotible
a base de pegatinas.



6º Primaria

Agora o Concello
puxo composteiros;
hai que facelo ben
para que non haxa cheiros.


domingo, 17 de abril de 2016

Proxecto Bolivia

Dentro do proxecto: Bolivia

Nas clases de 4º, fixemos un traballo con exposición dos animais que viven en Bolivia.









luns, 11 de abril de 2016

Zona compostaxe comunitario

Para finalizar o curso de formación do grupo de traballo docente, realizamos unha visita á zona de compostaxe comunitario.
Recibimos explicacións do funcionamento por parte dun técnico do concello así como do alcalde e puidemos observar como en pocos meses que leva funcionando xa se obtivo compost.