A ponente é María Lafuente, coordinadora dos programas de compostaxe caseira e comunitaria da asociación Adega.
xoves, 21 de xaneiro de 2016
Curso de Formación
Comezan os cursos presenciais de formación do profesorado no centro. Os temas a tratar serán xestión de residuos, ecoauditorías, dinámicas para aplicar nas aulas, a compostaxe, o coidado básicos do composteiro,...
domingo, 17 de xaneiro de 2016
Instalaron composteiros.
Hoxe viñeron operarios do Concello a colocarnos os composteiros. E xa quedan formando parte do mobiliario do colexio. En breve traerán estructurante (restos vexetais de podas e follas) para empezar a elaborar compost.
Xogo da Serpe
Dentro do noso programa de abrir as portas á Natureza, levaremos a cabo un programa da DXT, sobre mobilidade sostible, "O xogo da Serpe" que animará aos nosos alumnos e alumnas a vir ao colexigo con medios sostibles.
Xa temos na entrada do colexio a gran serpe que irase enchendo de pegatinas de aqueles nenos e nenas que utilicen o autobús, a bicicleta, compartan coche ou veñan andando.
Etiquetas:
Mobilidade sostible,
Xogo da Serpe
domingo, 10 de xaneiro de 2016
Ano de Manuel María
Inauguramos este ano 2016 adicado a Manuel María, con un fermoso poema de este poeta.
A NATUREZA
Temos que a mar a campía
e non lle facer aldraxe
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe.
O que ama a natureza
ten que respectarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.
A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río mormurador.
A natureza é un ben
é compañeira e irmán.
E pro home sempre ten
o seu corazón na man.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)