martes, 26 de abril de 2016

OS MAIOS - COPLAS



Este ano estamos concienciados co tema do coidado do Medio Ambiente. Por iso reflexamos estos temas nas coplas dos Maios. Aquí vos deixamos as estrofas onde falan destes temas.



1º Primaria:

No noso cole
estamos a reciclar,
para na casa 
aos papás ensinar.

O xogo da Serpe,
fixemos este ano,
e para coidalo medio
viñemos camiñando.

2º Primaria:
No "Xogo da Serpe"
estamos participando,
por iso ao noso cole
hai que vir camiñando.

Co pincho solidario
queremos axudar,
á xente de Bolivia
fame non pasar.



3ºA Primaria:

No noso colexio
somos solidarios
cos nenos de Bolivia
e máis cos refuxiados.

No noso Concello
puxeron composteiros.
A ver se cooperamos 
e enchémolos enteiros.

O noso pobo
é espectacular
porque ten uns xardíns
e ímolos coidar.

3ºB Primaria:
Ir ao cole andando
estache moi ben
para o seguinte ano
queremos ir en tren.

Os nenos do colexio 
vimos camiñando
para así o planeta
seguir coidando.

No noso colexio
temos un composteiro
e cos restos de hoxe
encherémolo enteiro.

Os nenos deste cole
somos moi solidarios
trouxemos moitas cousas
para os refuxiados.

Na nosa vila
moitos van en coche
e se saes á rúa
ten coidado cos coches.







4º Primaria:
Na porta do noso cole, 
non queremos tantos coches,
se todos vimos andando
tamén facemos deporte.

O Xogo da serpe
fixemos moi contentos,
esperamos repetilo
dentro dalgún tempo.

No CEIP de Allariz
coidamos o medio ambiente
seleccionamos o lixo
axeitadamente.

Fartos dun mundo
tan contaminado,
usaremos composteiros
para melloralo.

No noso concello
somos moi ecoloxistas
compost e reciclaxe
saltan á vista.



5º B

Non sei que está pasando
aquí cos refuxiados,
cómprenos investigar 
porque os deixan abandoados.

O noso colexio quere
axudar aos refuxiados
mais o goberno pretende
que continúen apartados.

Este ano colaboramos 
con distintos refuxiados
o alumnado de Allariz
axuda aos necesitados.

No Entroido deste curso
amosamos variedade
e co pobo Boliviano
vimos solidariedade.

Os mestres aínda se cren
que todo é teoría
algúns tamén aprendemos
auditando a ecoloxía

Nesta clase reciclamos
pra as árbores axudar
se nós non facemos nada 
do mundo nada vai quedar.

Chegarás a ser un fraude
se non sabes reciclar
os plásticos e os cartóns
cada un no seu fogar.

Este ano no patio
fixemos un composteiro
alí botamos os restos
que nos da o cociñeiro.

Trá fico mandou unha serpe
ten ideas peregrinas
quere que sexas sotible
a base de pegatinas.



6º Primaria

Agora o Concello
puxo composteiros;
hai que facelo ben
para que non haxa cheiros.


domingo, 17 de abril de 2016

Proxecto Bolivia

Dentro do proxecto: Bolivia

Nas clases de 4º, fixemos un traballo con exposición dos animais que viven en Bolivia.









luns, 11 de abril de 2016

Zona compostaxe comunitario

Para finalizar o curso de formación do grupo de traballo docente, realizamos unha visita á zona de compostaxe comunitario.
Recibimos explicacións do funcionamento por parte dun técnico do concello así como do alcalde e puidemos observar como en pocos meses que leva funcionando xa se obtivo compost.













martes, 5 de abril de 2016

Flora e fauna do entorno do rio

Visitáronnos uns axentes de Seprona, para mostrarnos especies animais e vexetais que podemos encontrar no noso río.




luns, 4 de abril de 2016

Solidaridade cos refuxiados.

Dentro das actividades relacionadas co Desenvolvemento Sostible, apoiamos desde o colexio unha recollida de productos hixiénicos que se levou a cabo en Allariz, coordinado pola Asociación Alhambra para entregar nos campos de refuxiados.