luns, 29 de febreiro de 2016

Xogo da Serpe na prensa

La Voz de Galicia e La Reión  publican un artigo informando da participación do noso colexio no proxecto "Xogo da Serpe"

xoves, 21 de xaneiro de 2016

Curso de Formación

Comezan os cursos presenciais de formación do profesorado no centro. Os temas a tratar serán xestión de residuos, ecoauditorías, dinámicas para aplicar nas aulas, a compostaxe, o coidado básicos do composteiro,...
A ponente é María Lafuente, coordinadora dos programas de compostaxe caseira e comunitaria da asociación Adega.







domingo, 17 de xaneiro de 2016

Instalaron composteiros.

Hoxe viñeron operarios do Concello a colocarnos os composteiros. E xa quedan formando parte do mobiliario do colexio. En breve traerán estructurante (restos vexetais de podas e follas) para empezar a elaborar compost.




Xogo da Serpe

   Dentro do noso programa de abrir as portas á Natureza, levaremos a cabo un programa da DXT, sobre mobilidade sostible, "O xogo da Serpe" que animará aos nosos alumnos e alumnas a vir ao colexigo con medios sostibles.
   Xa temos na entrada do colexio a gran serpe que irase enchendo de pegatinas de aqueles nenos e nenas que utilicen o autobús, a bicicleta, compartan coche ou veñan andando.



domingo, 10 de xaneiro de 2016

Ano de Manuel María

Inauguramos este ano 2016 adicado a Manuel María, con un fermoso poema de este poeta.


A NATUREZA

Temos que a mar a campía
e non lle facer aldraxe
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe.

O que ama a natureza
ten que respectarlle a vida.
Non hai meirande beleza 
nin emoción tan cumprida.

A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río mormurador.

A natureza é un ben
é compañeira e irmán.
 E pro home sempre ten
o seu corazón na man.


mércores, 9 de decembro de 2015

Mobilidade Sostible

   A mobilidade sostible é aquela que axuda a reducir os efectos negativos de usar o coche particular para desprazarse, destacando a contaminación do aire, o consumo excesivo de enerxia e a saturación das vías de comunicación.

   Entre as actuacións de mobilidade sostible, algunhas están da nosa man, como pode ser desprazarse a pé, en bicicleta, compartir coche entre varios usuario e o uso de transporte público.
Se somos conscientes deste xeito de mobilidade, obteremos beneficios inmediatos
- Increméntase a calidade de vida dos ciudadanos.
- Melloramos as nosas condicións de saude.
- Teremos maior seguridade nos desprazamentos. 




xoves, 3 de decembro de 2015

Árbores de Nadal

Este Nadal decoramos as portas das aulas e despachos con árbores de Nadal.
Podemos utilizar materiais reutilizados (CD, vasos de plástico e ata servilletas de papel) como vemos nestas fotografías.