domingo, 20 de novembro de 2016
mércores, 9 de novembro de 2016
Enerxías renovables
Fenosa ofreceunos unha visita moi interesante á exposición itinerante e interactiva Energytruck. Os alumnos e alumnas de 4º e 5º puideron descubrir tras unha breve charla como a partir de fontes naturais inagotables obtense enerxía renovable.
Separáronse en grupos para experimentar coa enerxía eólica, a hidroeléctrica e a solar.
Utilizando o método científico os alumnos formularon hipóteses sobre o que ía acontecer. Posteriormente mediante uns experimentos sinxelos puideron comprobar se efectivamente a súa formulación era a correcta.
Finalizaban cunha exposición oral sobre o experimento que fixeran, para darllo a coñecer aos seus compañeiros e compañeiras.
![]() |
| Enerxía eólica. |
![]() |
| Enerxía hidroeléctrica. |
![]() |
| Enerxía Solar. |
![]() |
| Cámara térmica. |
Etiquetas:
Enerxía renovable,
Obradoiros
luns, 30 de maio de 2016
Festival Internacional de Xardíns
No presente ano a temática para os Xardíns foi: Os Xardíns do Futuro.
Estos son algúns dos nos proxectos.
E así luciron:
Estos son algúns dos nos proxectos.
E así luciron:
venres, 20 de maio de 2016
Día das abellas.
A asociación galega de apicultura, convidounos a coñecer o mundo das abellas. Todos os grupos de primaria e infantil realizaron un obradoiro onde observaron paneis, a abella raiña, degustaron diferentes tipos de mel e fixeron candeas de cera.
luns, 9 de maio de 2016
Reciclamos en Lingua
Aproveitamos a reciclaxe na asignatura de lingua.
Alumnos e alumnas de 4º fixeron de reporteiros e escribíron unha noticia sobre o obradoiro de reciclaxe.
Alumnos e alumnas de 4º fixeron de reporteiros e escribíron unha noticia sobre o obradoiro de reciclaxe.
Reciclando e Xogando
Os nenos e nenas do CEIP Padre Feijoo aprenden a reciclar mentres xogan.
Lía-4º
O día 3 de maio ás 12:25 h. o CEIP Padre Feijoo recibiu unha visita de Adega, unha asociación ecoloxista. En primeiro lugar explicáronlles aos alumnos como se reciclaba, despois fixeron un xogo para aprender a tirar o lixo. Os nenos divertíronse moito, seguro que lles encantou.
- o - o - o - o - o - o - o - o - o -
Un patio de reciclaxe
No patio do CEIP Padre Feijoo houbo uns xogos de reciclaxe.
Jacobo-4º
Hoxe martes 3 de marzo, os alumnos do CEIP Pare Feijoo de Allariz están facendo uns xogos de reciclaxe para aprender a reciclar na casa, para xogar organizáronse en dous equpos de 11 alumnos o xogo estivo moi emocionante e quedaron empates 8 a 8- Tiveron uns monitores de ADEGA (asociación ecolóxista). Todos os alumnos divertíronse moito.
- o - o - o - o - o - o - o - o - o -
Reciclar é un xogo
O colexio CEIP Padre Feijoo tiveron a visita dunha asociación ecoloxista, Adega.
Carla- 4º
Isto ocorreu o día 3 de maio ás 12:25. Os nenos baixaron ao patio por cursos. Cada curso tiña unha hora para xogar e reciclar. Isto mostrou a todos os nenos e nenas o divertido que é reciclar entre todos.
O director comentou que grazas a esta asociación e o noso composteiro estos nenos farán un mundo mellor.
Unha profesora de 4º afírmanos que esto daralle vida aos nenos porque aprenderán a coidar o medio ambiente.
E tí? Tamén queres cambiar a mellor o mundo?
domingo, 8 de maio de 2016
Festa dos Maios 2016
Os Maios é unha celebración popular que se celebra dende hai moitos anos para conmemorar a chegada da primavera e o remate do cru inverno, e propiciar deste xeito a obtención de boas colleitas. Forma parte do chamado “Ciclo do Maio”, época de exaltación da natureza, da floración das plantas e da aparición dos primeiros froitos.
No noso concello hai unha exhibición-concurso dos Maios (estruturas de madeira cubertas con elementos naturais (musgo, flores silvestres, hedras,...) e cantamos as coplas que previamente elaboramos relacionadas con acontementos que aconteceron no inverno.
martes, 3 de maio de 2016
Obradoiro Reciclaxe-Composteiro
Hoxe visitáronnos uns monitores da Asociación Ecoloxista Adega, prepararon diferentes xogos de reciclaxe co alumnado de 1º a 5º.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























