mércores, 9 de decembro de 2015

Mobilidade Sostible

   A mobilidade sostible é aquela que axuda a reducir os efectos negativos de usar o coche particular para desprazarse, destacando a contaminación do aire, o consumo excesivo de enerxia e a saturación das vías de comunicación.

   Entre as actuacións de mobilidade sostible, algunhas están da nosa man, como pode ser desprazarse a pé, en bicicleta, compartir coche entre varios usuario e o uso de transporte público.
Se somos conscientes deste xeito de mobilidade, obteremos beneficios inmediatos
- Increméntase a calidade de vida dos ciudadanos.
- Melloramos as nosas condicións de saude.
- Teremos maior seguridade nos desprazamentos. 




xoves, 3 de decembro de 2015

Árbores de Nadal

Este Nadal decoramos as portas das aulas e despachos con árbores de Nadal.
Podemos utilizar materiais reutilizados (CD, vasos de plástico e ata servilletas de papel) como vemos nestas fotografías.





xoves, 19 de novembro de 2015

Heike Freire.




No seguinte enlace podes ler unha interesante entrevista a Heike Freire, pedagoga, que nos fala sobre como o contacto coa natureza é vital para os seres humanos e especialmente para @s cativos.

domingo, 15 de novembro de 2015

Magosto 2015

O Magosto é calquera xuntanza na que se asan castañas, pero a festa do magosto é unha manifestación do ciclo do outono na que o froito da castaña se converte no centro da celebración festiva.
O Magosto hai que entendelo dentro do desenvolvemento das actividades agrarias.
O  Magosto máis auténtico é o que se fai no monte, en lugares destacados nun alto. Nós para seguir esta tradición subimos ao monte de Torneiros, apañamos leña, facemos un bo lume, asamos chourizos e castañas, e para rematar facemos xogos e pasamos un perfecto día de festa en pleno contacto coa natureza.




xoves, 12 de novembro de 2015

Vídeos de Sensibilización

Aquí vos presentamos uns vídeos para poder reflexionar e debatir nas aulas:

Para os máis pequenos este vídeo de Juan e Tolola, titulado Cuida de tu planeta.


Podemos aprender esta canción,


Vídeo "De consumir a Consumir responsable"



No seguinte  vídeo podemos ver paisaxes espectaculares da Terra.







Este vídeo está pensado para ser utilizado en el sistema educativo para facilitar la comprensión del cambio climático y para sensibilizar sobre la necesidad de actuar para detenerlo.
KiotoEduca es el programa oficial de la Junta de Andalucía de lucha contra el cambio climático.





mércores, 4 de novembro de 2015

Xardíns ecolóxicos

Charla sobre xardíns ecolóxicos, do Concello de Allariz, ponente Francisco Marco Rubio de AEJE, asistiu a coordinadora deste grupo de traballo.



xoves, 29 de outubro de 2015

Vampiros en Samaín

Para Samaín, os alumnos e alumnas de 4º reutilizaron os cartóns dos rolos de papel para facer estes tenebrosos vampiros.








domingo, 11 de outubro de 2015

Desenvolvemento Sostible - Solidaridade

Non podemos separar a responsabilidade de coidar o Medio Ambiente co concepto de desenvolvemento sostible.                   

A definición de desenvolvemento sostible según o informe Brundtand de 1987 e recollida na Declaración de Río de 1992 é:
Satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das xeracións do futuro para atender ás suas propias necesidades.

Este desenvolvemento inclúe axudar a reducir a pobreza, a desigualdade e a exclusión e mellorar o desenvolvemento de comunidades mediante a solidaridade, na procura dun mundo máis xusto e próspero para todos.

Este ano o colexio vai participar nun Proxecto Solidario con Bolivia, a través da ONG creada polo Dr. Garrido Valenzuela. As actividades programadas son as seguintes:
- Charla informativa do Dr. Garrido Valenzuela ao alumnado.
- Pinchos solidarios.
- Enmarcaremos as actividades do Día da Paz (mensaxes de solidaridade co pobo de Bolivia) así como o Entroido (Países do Mundo) dentro deste Proxecto.
- Exposición de diferentes aspectos da cultura, sociedade, xeografía,... de Bolivia.







xoves, 1 de outubro de 2015

Hoxe abrimos portas á Natureza.

No CEIP Padre Feijoo, este ano 2015-16 vamos abrir as portas do noso cole á NATUREZA, a través dunha proposta do equipo docente quen vai realizar un PFPP relacionado coa Conservación do Medio Ambiente na Escola.
Esperamos a vosa colaboración para que entre tod@s podamos mellorar o entorno no que vivimos.



"Só existen dous días no ano nos que non podes facer nada: 
un é ONTE e outro MAÑÁ. Polo tanto HOXE é o día ideal " (Dalai Lama)