domingo, 15 de novembro de 2015

Magosto 2015

O Magosto é calquera xuntanza na que se asan castañas, pero a festa do magosto é unha manifestación do ciclo do outono na que o froito da castaña se converte no centro da celebración festiva.
O Magosto hai que entendelo dentro do desenvolvemento das actividades agrarias.
O  Magosto máis auténtico é o que se fai no monte, en lugares destacados nun alto. Nós para seguir esta tradición subimos ao monte de Torneiros, apañamos leña, facemos un bo lume, asamos chourizos e castañas, e para rematar facemos xogos e pasamos un perfecto día de festa en pleno contacto coa natureza.




Ningún comentario:

Publicar un comentario