domingo, 27 de marzo de 2016

INFORME ECOAUDITORÍA


Reflexións durante o desenvolvemento da ecoauditoría.
-         Hai  lixo no chan, que tiramos nós.
-         Encontramos “merendas” no lixo sen empezar.

Propostas para mellorar a situación no colexio.
-        Facer turnos de cursos para recoller o lixo do patio.
-        Charlas nas aulas para explicar onde se debe botar cada tipo de lixo.
-     Por contenedores de envases, papel, pilas,… polo colexio.
-         Utilizar os folios polas dúas caras.
-         Premios para as aulas que mellor seleccionen os residuos.
-         Realizar algún filme para darlle publicidade nas casas.
-         Establecer un día á semana no que non utilizásemos papel.
-         Usar folios, libretas e libros de papel reciclado.
-         Facer un banco de libros.
-         A cantidade de comida que sexa proporcional ao gusto dos alumnos.
-         Donar a comida que sobra no comedor á xente que a necesite.
-         Usar panos de mesa de tea.

venres, 18 de marzo de 2016

Día da ecoauditoría

Decídese que a ecoauditoría realizarase a última hora da mañá para poder observar como quedan os espazos.
Cada grupo irá acompañado dun profesor supervisor.


Preparámonos


"Os ecoloxistas"


 Os antitrash

 "Os ecorrecicladores"

"Detectives no patio"









Unha vez feita a ecoauditoría pasamos a entrevistar a algúns profes, director e conserxe.




Aparecimos na prensa: (recorte de La Región)




mércores, 16 de marzo de 2016

Xogos percursión e lanzamento.

No patio do colexio de Infantil, os nenos e nenas poden xogar coa percusión con estes instrumentos feitos con botes reutilizados.







E tamén lle dan unha nova utilización aos tapóns dos envases, con este xogo de enceste.



martes, 15 de marzo de 2016

Pincho Solidario

No proxecto de Bolivia organizamos unha recollida de fondos mediante o pincho solidario, esto levouse a cabo en varias semanas durante o ano.





domingo, 13 de marzo de 2016

Preparamos a ecoauditoría

O grupo de profesores elaboran unhas fichas de recollida de información. 
Se confeccionan os chalecos distintivos con periódicos.





O profesor de 5º explica na súa aula o que é unha ecoauditoría.
Establécense 4 grupos con 5 alumn@s e determínanse as zonas que se van observar.

-         Detectives no patio: Patio.
-         Ecoloxistas: Planta baixa.
-         Os antitrash: 1º andar.
-         Os ecorrecicladores: 2º andar e edificio anexo.

Explícalles as funcións de cada membro do grupo: fotógrafo, escritor, portavoz, observación das papeleiras.
Entre todos elaboran unha presentación e despedida de agradecemento.

xoves, 10 de marzo de 2016

Comezamos a compostaxe

A área de compostaxe está constituída por dous composteiros:
- un de almacenaxe de restos vexetais (estruturante) onde depositaremos follas e restos de poda triturado que nos facilita o personal do concello
- outro onde iremos baleirando os restos orgánicos procedentes do almorzo de media mañá (carozo de mazás, mondas de plátano, restos de bocadillos,..) e restos que nos facilitarán da cociña.
Organizaremos unhas patrullas de compostaxe, de grupos de cinco rapaces e rapazas. Cada semana se encargará unha aula de xestionar a área de compostaxe.
O final da semana cubrirán unha ficha de incidencias onde se sinale as condicións na que se encontra o compost (humidade, cheiros, mosquiña,...)


Enlaces de interese
Composta en Red

Biorresiduos- Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente


luns, 7 de marzo de 2016

Día sen coche

Dentro do programa do "Xogo da Serpe", foi o Día sen Coches, con moita participación tanto do alumnado como dos profesores e profesoras.
Deron conta desta noticia a TVG, así como prensa escrita.




Galicia Noticias Mediodía





La Región

xoves, 3 de marzo de 2016

Ecoauditoría

Unha ecoauditoría é un proceso no que os escolares estudan,  a partir dunhas fichas de investigación, unha determinada situación; neste caso relacionada con algún aspecto ambiental.
O obxectivo final é que o alumnado investigue, coñeza, valore e solucione problemas relacionados co medio ambiente do colexio.
Imos comezar desenvolvendo esta actividade dende a clase, 5º A.
Valoraremos a recollida e selección de papel, envases de plástico e restos orgánicos.
 É importante que todo o centro coñeza que se vai por en marcha "algo que vai mellorar o medio ambiente no colexio". Para isto, elaboraremos unha circular que se facilitará a todos os profesoras e profesores.
Así mesmo o titor de 5ºA prepará ao alumnado da súa clase explicándolles en que consiste o que deben facer e o mellor xeito de facelo.
Prepararemos uns chalecos como distintivos dos ecoauditores.
Os profesores e profesoras do grupo de traballo, encargaranse de elaborar unhas fichas:
- Ficha 1: Planta Baixa
- Ficha 2: 1º Piso
- Ficha 3: 2º Piso e edificio anexo.
- Ficha 4: Patio