xoves, 3 de marzo de 2016

Ecoauditoría

Unha ecoauditoría é un proceso no que os escolares estudan,  a partir dunhas fichas de investigación, unha determinada situación; neste caso relacionada con algún aspecto ambiental.
O obxectivo final é que o alumnado investigue, coñeza, valore e solucione problemas relacionados co medio ambiente do colexio.
Imos comezar desenvolvendo esta actividade dende a clase, 5º A.
Valoraremos a recollida e selección de papel, envases de plástico e restos orgánicos.
 É importante que todo o centro coñeza que se vai por en marcha "algo que vai mellorar o medio ambiente no colexio". Para isto, elaboraremos unha circular que se facilitará a todos os profesoras e profesores.
Así mesmo o titor de 5ºA prepará ao alumnado da súa clase explicándolles en que consiste o que deben facer e o mellor xeito de facelo.
Prepararemos uns chalecos como distintivos dos ecoauditores.
Os profesores e profesoras do grupo de traballo, encargaranse de elaborar unhas fichas:
- Ficha 1: Planta Baixa
- Ficha 2: 1º Piso
- Ficha 3: 2º Piso e edificio anexo.
- Ficha 4: Patio





Ningún comentario:

Publicar un comentario